El fenómeno Kanikosen, ya en Galicia
24/02/2010

Radiofusión, la red de radios municipales gallegas, destaca la novedad Kanikosen. El Pesquero, de Takiji Kobayashi.

Chega o fenómeno Kanikosen

Os pescadores sofrían duras condicións de traballo no mar de Kamchatka

Angustia sobre como sair adiante, rixidez dos xefes, imposibilidade de romper unha cadea interminable de traballos te...

24/02/2010

Radiofusión, la red de radios municipales gallegas, destaca la novedad Kanikosen. El Pesquero, de Takiji Kobayashi.

Chega o fenómeno Kanikosen

Os pescadores sofrían duras condicións de traballo no mar de Kamchatka

Angustia sobre como sair adiante, rixidez dos xefes, imposibilidade de romper unha cadea interminable de traballos temporais e mal pagos, nulas perspectivas de futuro. Esa é a situación de moita xuventude de hoxendia. Chega o fenómeno Kanikosen.

Cultura • 24/02/2010 • Autor: Henrique Sanfiz

O vindeiro 8 de marzo sae a versión en español de Kanikosen. O pesqueirode Takiji Kobayashi (1903-1933), da man da nova editorial Ático de los libros. Desde a súa publicación en 1929, a historia dun grupo de pescadores que sofre as duras condicións de traballo da pesca no mar de Kamchatka, converteuse nun clásico da literatura de protesta social, pero non foi até a súa reedición en 2008 cando se desatou a febre por esta novela xaponesa.


En Xapón, o movemento social xerado polo libro coñécese como fenómeno Kanikosen. Todo se iniciou cun debate sobre a novela publicado o 9 de xaneiro de 2008 no xornal Mainichi Shimbun. A partir dese momento as vendas de Kanikosen disparáronse e outros medios empezaron a dar noticia da súa popularidade. En menos dun ano vendéronse máis de 600.000 exemplares e hoxe as vendas totais da obra superaron o 1.600.000 exemplares. A versión manga do libro, publicada en 2006, alcanzou tamén unhas sorprendentes vendas de 200.000 exemplares. En 2009 estreouse unha nova versión cinematográfica da novela, que se suma á xa existente de 1953.

Kanikosen é unha historia de descontento, deshumanización, torturas e vexacións. Como é posible que os lectores de hoxe, e moi especialmente os mozos, conecten con ela? A resposta é que se identificaron co sufrimento dos pescadores.  Kanikosen fala ao lector contemporáneo cunha forza inesperada e que raramente achamos en novelas máis recentes. Non se coñece ningún outro caso dunha obra que, oitenta anos despois da súa publicación, ascenda ás listas de máis vendidos como fixo Kanikosen.

Más

El fenómeno Kanikosen, ya en Galicia